O Concello organiza un Campamento Lúdico Deportivo para nenos e nenas de 4 a 12 anos

O Concello organiza un Campamento Lúdico Deportivo para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Abre hoxe a inscrición no proxecto, que terá lugar no CMI Unidade de Fene

A Concellería de Deportes abriu hoxe o prazo de inscrición no Campamento Lúdico Deportivo dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. O concelleiro de área, Xoán Manuel Bastida, explicou que se celebrará no CMI Unidade de Fene de luns a venres de 10,30 a 14 horas do 1 ó 14 de agosto e, as familias interesadas en anotar ós seus fillos e fillas, poden facelo ata o 27 de xullo no departamento municipal de Cultura e Deportes (Avda Naturais, 44 entrechán de 8,30 a 14 horas).


O programa do campamento inclúe xogos de pistas, gymkanas en exteriores, actividades acuáticas e xogos na piscina –sempre que o tempo acompañe-, obradoiros e actividades creativas, multideporte, xogos populares, concursos… e incluso unha velada nocturna o último día (con cea o luns 13 de agosto e almorzo o martes 14). As prazas están limitadas a 30 e a cota a abonar é de 28,20 euros, e de 22,56 euros a partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene.


Por último, Bastida destaca a colaboración brindada polo CMI Unidade de Fene para a realización desta actividade.