Volve o atletismo a Barallobre

Volve o atletismo a Barallobre

Satisfacción do Clube Atletismo Fene coa actuación do Concello de Fene na instalación

Un dos obxectivos do Clube Atletismo Fene desde a súa fundación foi o de recuperar as antigas pistas de atletismo de Barallobre. É por elo que a directiva do noso clube se mostra especialmente agradecida ao Concello de Fene por atender as nosas demandas.

A instalación, que está a ser utilizada por atletas de todas as idades, constitúe un piar fundamental para que os rapaces das escolas non teñan que saír do concello para ter a posibilidade de adestrar nunha pista. Tamén é aproveitada para facer adestramentos de intensidade por parte dos atletas do clube.


​Desde a directiva do Clube Atletismo Fene confíase en que se consolide o compromiso amosado polo Concello de Fene co atletismo e, no caso desta instalación, se plasme no seu apropiado mantemento.

Ligazóns