Fene, xunto a Mugardos e Neda, impulsa o programa de prevención de drogodependencias “Mocidade Activa”
O Concello está a presentar esta semana o proxecto nos centros educativos para recoller as solicitudes de participación dos mozos e mozas interesados
19-06-2018
Incluirá diferentes obradoiros e durante esta semana estase a presentar o proxecto nos centros escolares dos tres municipios co ánimo de recoller as solicitudes de participación ata o 21 de xuño e crear diferentes grupos cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20. De non acadar esa cuota mínima coas inscricións que se realicen nos centros educativos, poderán presentarse tamén no Centro Municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene ou no whatsapp 670034625. Neste caso, o prazo pecharase o 26 de xuño.
As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, dúas horas á semana (de 11,30 a 13,30 horas) e os días exactos e lugares especificaranse unha vez se configuren os grupos. Ofertaranse catro obradoiros: Radio Difusión, Curtas, Toc Toc Talent e Formas Creativas para ter un Perfil Molón.
Todo, cun obxectivo claro: reflexionar e sensibilizar sobre o consumo de sustancias e outra adicións, por medio de actividades e creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión.
A coordinadora do programa é a pedagoga municipal e técnica en prevención de drogodependencias.