Andainas para “recordar o noso” polas parroquias do municipio de Fene
20-06-2018
As persoas maiores que toman parte no obradoiro “Recordando o Noso” están a facer saídas este mes a puntos emblemáticos da localidade como peche de curso
A Casa da Maleta ou o Cine Adriano en Barallobre; os antigos lavadoiros e muíños de Magalofes ou o entorno natural de Sillobre son algúns dos lugares que, durante este mes, están a visitar os veciños e veciñas maiores de 55 anos que acoden semanalmente ós obradoiros “Recordando o Noso” que organiza a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro. Unha serie de andainas polas parroquias que concluirán o vindeiro luns, 25 de xuño, en Limodre cun percorrido polas praias.
As persoas maiores que toman parte no obradoiro “Recordando o Noso” están a facer saídas este mes a puntos emblemáticos da localidade como peche de curso
Fene, 20 de xuño de 2018. A Casa da Maleta ou o Cine Adriano en Barallobre; os antigos lavadoiros e muíños de Magalofes ou o entorno natural de Sillobre son algúns dos lugares que, durante este mes, están a visitar os veciños e veciñas maiores de 55 anos que acoden semanalmente ós obradoiros “Recordando o Noso” que organiza a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro. Unha serie de andainas polas parroquias que concluirán o vindeiro luns, 25 de xuño, en Limodre cun percorrido polas praias.
A través de “Recordando o Noso” trabállanse as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica, aportando vivencias. O obxectivo é, ademais, recuperar a historia das parroquias a través das testemuñas e vivencias das persoas maiores, rutas de interese ou aquelas temáticas que decidan os/as participantes.
O curso actual fai un alto no verán, aínda que a edil Juana Barro xa avanzou que se retomará en setembro. “Recordando o Noso”, xunto ós programas “Activación de memoria” e “Recuperación de memoria”, intégrase no plan municipal “Tardes Activas” do programa “Envellecemento Activo”. Neles, participaron este curso un centenar de veciños e veciñas de Fene. Os talleres teñen custe cero e realízanse nas diferentes parroquias (ACDR Liga de Amigos de Barallobre, SCRD Agarimo de Sillobre, CCRD Perlío, AVV San Xurxo de Magalofes e AVV de Limodre).