O Concello de Fene únese á conmemoración do Día das Diversidades Sexuais

O Concello de Fene únese á conmemoración do Día das Diversidades Sexuais

A partir do luns lucirá a bandeira arco da vella na casa consistorial e entregaranse en Servizos Sociais bolsas de tela conmemorativa de balde

O Concello de Fene unirase á conmemoración do Día das Diversidades Sexuais. Para iso, ademais de sumarse á campaña da Deputación provincial da Coruña “Construíndo diversidade”, colocará o vindeiro luns, 25 de xuño, ás 12 horas a bandeira arco da vella na casa consistorial.

Do mesmo xeito, as persoas que o desexen poden pasar polo Centro Municipal de Servizos Sociais a recoller de balde unha bolsa de tela conmemorativa co material da campaña. Estarán dispoñibles do 25 ó 29 de xuño en horario de 10 h a 14 h

"Construíndo diversidade" ten o obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI.