A bandeira arco da vella ondea dende esta mañá na fachada da consistorial de Fene
25-06-2018
A bandeira arco da vella luce dende hoxe na fachada da casa consistorial. Esta mañá, ás 12 h, Juana Barro Couto, concelleira de Benestar Social e Igualdade, acompañada do alcalde, Gumersindo Galego Feal, e dos concelleiros de Educación e Ensino, Ana Novo Picos, e Obras, César Castro, procedeu á colocación da bandeira nun acto simbólico co que se quixo sensibilizar e concienciar á poboación cara a tolerancia e o respecto polas Diversidades Sexuais, causa que se conmemora o vindeiro 28 de xuño.
A Campaña"Construíndo Diversidade" impulsada pola Deputación de A Coruña, e á que está tamén adherido o Concello de Fene, ten por obxectivo sensibilizar sobre a liberdade sexual así como normalizar a comunidade LGTBQI.
A bandeira ondeará durante toda a semana xunto ás demáis bandeiras oficiais.