Xuntanza coas familias do programa Verán máis alá! este mércores na casa consistorial de Fene
O encontro, no que se avanzará a programación e normas de funcionamento, celebrarase no salón de plenos a partir das 20 horas.
26-06-2018
A Concellería de Cultura informou esta mañá de que o salón de plenos da casa consistorial acollerá mañá mércores, 27 de xuño, ás 20 horas unha xuntanza de presentación do programa de conciliación municipal “Verán máis alá!” á que están convocadas todas as familias participantes.
Nela, presentarase a pais/nais e representantes legais dos nenos e nenas inscritos ó coordinador xeral da actividade e ó equipo de monitores, ó tempo que se dará a coñecer a programación e as normas de funcionamento do proxecto.