Acto de condea do Concello de Fene
20-07-2018
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe venres 20 de xullo de 2018 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA JUDITE MARTÍNS ALVES de 54 anos, veciña de A Coruña
Mª Judite foi asasinada este luns polo seu exmarido en A Coruña, pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe o segundo acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano dun total de 22 no resto de España. (Fuente MSSSI, 19/07/18).
Na morte de Judite non hai rastro de piedade, apunta Rosa Cobo, profesora de socioloxía e directora do Centro Universitario de Estudos de Xénero e Feminismos: "Un asasinato a coiteladas pode considerarse un homicidio compasivo? Unha cousa é a violencia de xénero e outra moi distinta axudar a morrer dignamente. Unha morte digna xamais é por degolo"
Agradendo de antemán a asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.