O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ó aire libre
30-07-2018
A partir deste mércores, celebraranse luns, mércores e venres laborables de 9,30 a 10,30 horas no paseo marítimo de San Valentín e para todas as idades
O concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, informou esta mañá de que o Concello porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ó aire libre. As sesións arrancarán este mércores, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ó pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ó interior do recinto deportivo.
A participación é libre e gratuíta e o programa está dirixido a persoas de todas as
idades. Nas clases realizaranse actividades físicas de grupo para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade… e todo isto, pasando un rato agradable en grupo.