Concello e INICE colaboran na posta en marcha dos Obradoiros de Inicio ás Novas Tecnoloxías, dirixidos fundamentalmente a mulleres
21-08-2018
O Centro Municipal de Servizos Sociais albergará unha reunión informativa o día 28 para dar conta do programa, contidos e datas previstas de inicio das accións
Concello de Fene e Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas (I.N.I.C.E.) colaboran na posta en marcha dunha serie de Obradoiros de Inicio ás Novas Tecnoloxías, gratuítos e dirixidos principalmente ás mulleres. Tras a apertura do prazo de inscrición, as persoas interesadas nestas accións formativas, para as que quedan prazas vacantes, están convocadas a unha reunión informativa na que se explicará o programa, contidos e datas previstas de inicio de cada unha das actividades. Esa reunión terá lugar o martes, 28 de agosto, ás 10 horas, no Centro Municipal de
Servizos Sociais (Avenida do Mar, bloque 1, baixo, San Valentín).
Os obradoiros, que se impartirán na Aula de Informática do Concello (Avenida
de Naturais, 44-entresollado), son os seguintes: toma de contacto co computador (de 12 horas de duración, celebrarase do 3 ó 12 de setembro en horario de 10 h a 11,30 h); manexo do correo electrónico (12 horas de duración do 3 ó 12 de setembro de 11,30 a 13 horas); Internet: búsquedas e descargas (15 horas do 13 ó 26 de setembro de 10,30 a 11,30 h); Coñecendo Google Maps (9 horas do 13 ó 20 de setembro de 11,30 a 13 horas), e Iniciación ás redes sociais (9 horas do 21 ó 28 de setembro de 11,30 a 13 horas).
Estas actividades a favor da igualdade pretenden incidir na formación e mellor
incorporación da muller á sociedade e que estea presente nos novos sectores
de emprego. Para mais información e inscricións pódese contactar con INICE
(Tfno contacto) 646385736.