Horarios de adestramento de pretempada no pavillón da Xunqueira e de adestramento para a tempada no campo de fútbol dos Pinares

Horarios de adestramento de pretempada no pavillón da Xunqueira e de adestramento para a tempada no campo de fútbol dos Pinares

O prazo de solicitudes para entidades e clubes federados de Fene continuará aberto ata o 17 de setembro para horarios de adestramento da tempada no pavillón da Xunqueira e no pavillón do Ramo

A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida informou esta mañá de que, rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta semana resolveuse o cadro de horarios de adestramentos de pretempada no pavillón da Xunqueira e de adestramento
para a tempada no campo de fútbol dos Pinares. Así, están a disposición da cidadanía para a súa consulta na web municipal (www.fene.gal), nos arquivos PDF que acompañan esta nova.

Así mesmo, o prazo de solicitudes para entidades e clubes federados de Fene inscritos no Rexistro Municipal continuará aberto ata o vindeiro 17 de setembro para horarios de adestramento da tempada no pavillón da Xunqueira e do Ramo.
Para isto, é preciso que os clubs remitan a relación de horas que soliciten de cada instalación. Así mesmo, deberán cubrir, na ficha correspondente (tamén dispoñible na web municipal), as horas que interesen, e especificar o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. Poden facer o trámite vía telemática ou entregar a documentación no Rexistro Xeral da consistorial.

Descargas