O Concello abre este venres a inscrición nos obradoiros e escolas deportiva
10-09-2018
A programación inclúe un total de 26 propostas deportivas
A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida informou esta mañá da próxima apertura do prazo de inscrición nos obradoiros e escolas deportivas municipais para o curso 2018/2019. Un total de 26 propostas integran a programación, para nenos/as e persoas adultas. O prezo das mesmas varía en función da franxa de idade (menores, persoas adultas ou maiores de 65 anos), así como do número de horas da actividade ou nos supostos de actividades con necesidade de contar con grupos reducidos. Neste sentido, o Concello tamén lembra a existencia do Bono Deporte, con tarifas máis ventaxosas. O curso arrancará o 1 de outubro e prolongarase ata finais do mes de xuño.
As persoas interesadas nas actividades deben formalizar a súa matrícula do venres 14 ó martes 25 de setembro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: inscricións só para escolas da piscina (do 14 ó 17 de setembro só para residentes en Fene e o 18 de setembro para a poboación en xeral) e inscricións para a totalidade de escolas deportivas e obradoiros (os días 19 e 20 de setembro só para residentes en Fene e os días 21, 24 e 25 para a poboación en xeral).
Respecto á programación, as actividades a celebrar no pavillón municipal da Xunqueira son as seguintes: atletismo 1 (nados/as no ano 2011 e anteriores) e 2 (2011 e posteriores); pequedeporte (haberá dous grupos para nados/as entre os anos 2011 e 2015); iniciación ó baloncesto 1 (2012 e anteriores) e 2 (no 2010 e anteriores); iniciación á ximnasia rítmica 1 (dos anos 2011 a 2014) e 2 (no 2012 e anteriores); baile moderno 1 (de 2012 a 2015) e 2 (de 2010 e anteriores); iniciación ó patinaxe 1 (2015 e anteriores), 2 (2014 e anteriores) e perfeccionamento (2010 e anteriores); zumba 1 e 2 (2004 e anteriores); pilates (haberá cinco grupos, catro para 2002 e anteriores e un quinto para 2001 e anteriores); rehabilitación funcional e rehabilitación funcional con natación terapéutica. A actividade de atletismo tamén se desenvolverá no exterior no pavillón e pistas de atletismo do Pazo.
As actividades noutras instalacións municipais son estas: no Centro Social de Fene ofrecerase ioga (para persoas maiores de 50 anos). A mesma actividade tamén se desenvolverá na piscina de centieiras (haberá dous grupos para personas nadas en 2001 e anteriores). No mesmo lugar, programarase tamén pilates (tres grupos para nados/as en 2001 e anos anteriores). Así mesmo, no ximnasio da Casa da Cultura desenvolveranse clases de judo 1 (nenos/as de 4 anos e maiores) e 2 (nados/as en anos anteriores a 2009) e iniciación ó karate (anos anteriores a 2012) e perfeccionamento.
A Escola de Natación, coas actividades a celebrar na piscina municipal de Centieiras, ofrecerá natación para bebés (tres grupos para crianzas de 6 meses a tres anos); natación primeira infancia (2013-2015 e 19 grupos); iniciación infantil (2006-2012 con 24 grupos) e perfeccionamento infantil (mesma franxa de idade que o anterior e 17 grupos); natación xuvenil (2001-2005 con dous grupos); iniciación de adultos (18 anos en adiante con catro grupos); perfeccionamento de adultos (catro grupos); natación 3ª idade (65 anos en adiante e dous grupos); natación para embarazadas; natación terapéutica (con oito grupos) e aquagym.
Horarios, prezos, prazos, documentación a presentar e trámites, entre outras cuestións, poden consultarse no libro da programación, dispoñible aquí