Éxito de participación e organización da I Carreira da Festa Mariñeira Concello de Fene

Éxito de participación e organización da I Carreira da Festa Mariñeira Concello de Fene

Reuniu finalmente a uns 250 atletas entre todas as categorías

Victoria con autoridade na proba absoluta da I Carreira da Festa Mariñeira Concello de Fene de Brais Canosa, do Club Atletismo Fene, quen cubriu os 5.000 metros dun intrincado circuíto rompepernas en 16:37. Acompañouno no podio Carlos Bouza, do Riazor Coruña e Sergio González do Ría de Ferrol, que acadou un terceiro posto. A un chanzo do podio quedou Luís Pérez Varela, o atleta eumés do Club Atletismo Fene entrou en cuarto lugar.


En categoría feminina victoria clara de Melina Alonso (18:35), do Club Atletismo Fene aventaxando en case dous minutos á segunda clasificada, Inés Bereijo, do Ría de Ferrol. Completou o podio feminino Nerea Lage, do Atletismo Friol.


Tamén a campioa alevín fenesa Aroa González impúxose na súa quenda de medianos, cubrindo unha distancia de 400 metros en 1:18 nunha proba que non se decidiu ata a liña de meta. A participación de atletas do Club Atletismo Fene completouse con Julio Esmorís (24°, 19:45), Pablo Méndez (28°, 20:21), Cristian Calvo (45°, 21:17) e Teresa Gómez (23°, 29:38).


Ata dezaoito voluntarios do Club Atletismo Fene traballaron de arreo desde primeiras horas da mañá para asegurar que todo funcionase correctamente. Desde o clube, agradeceron en primeiro lugar ó Concello de Fene, en especial á Concellería de Deportes, por confiar no club para levar a cabo este evento. Tamén, agradeceron a enorme implicación da Policía Local e Protección Civil de Fene, así como do Club BTT Fene, que co seu bo facer garantiron a seguridade no circuíto. Por último, puxeron en valor a colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos colaboradores: SEDEGA, Bodegas Barral, GADIS e ABANCA.