INICE e Concello de Fene promoven un curso gratuíto de informática
As persoas interesadas en participar poden anotarse no 646 385 736
25-09-2018
O Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas –INICE-, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene, porán en marcha un obradoiro de Manexo do procesador de texto, de nivel avanzado, no mes de outubro. Celebrarase na Aula de Informática do Concello –Avenida Naturais, 44 entresollado-, en quenda de mañá, e aquelas persoas interesadas en incribirse poden facelo no teléfono 646 385 736. O obradoiro, gratuíto, está dirixido principalmente a mulleres.
Esta acción formativa sumarase ás iniciadas a primeiros de mes: Toma de contacto co computador; Manexo do correo electrónico, e Internet: búsquedas e descargas –este último rematará o día 26-.
Estas actividades a favor da igualdade pretenden incidir na formación e mellor incorporación da muller á sociedade e que estea presente nos novos sectores de emprego.