A Escola de Música do Concello de Fene arrancará a súa actividade a mediados de outubro con clases de solfexo-piano e guitarra

A Escola de Música do Concello de Fene arrancará a súa actividade a mediados de outubro con clases de solfexo-piano e guitarra

A inscrición poderá formalizarse do 1 ó 5 de outubro

A Escola de Música do Concello de Fene iniciará a mediados de outubro un novo curso e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a inscrición nas actividades abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14 h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.


As actividades están dirixidas a nenos e nenas de cinco anos en adiante e poboación adulta. As clases de solfexo-piano celebraranse na Casa da Cultura e as de guitarra no CPI A Xunqueira. O curso comezará o 15 de outubro e prolongarase ata o 31 de maio.


Na escola de piano-solfexo, as aulas de solfexo organízanse en función do nivel e idade, e celebraranse os luns de 18 a 19 h –Iniciación, para nenos e nenas de 5 a anos que comezaron o curso 2015-2016 ou de nova matriculación-; os martes de 21 a 22 h –Adultos-; os mércores de 19 a 20 h –Nivel 2 Avanzado para nenos e nenas a partir de 9 anos que xa estivesen matriculados en cursos anteriores ou teñen algún coñecemento musical-, e os xoves de 19 a 20 h –Nivel 3 para alumnos e alumnas que levan na escola un mínimo de dous cursos e teñen 12 ou máis anos.


Pola súa banda, os horarios de práctica instrumental –piano- por alumno ou alumna escolleranse no momento de efectuar a matriculación, por rigorosa orde de inscrición, e segundo as seguintes franxas horarias: os luns de 15 a 18 h e de 19 a 22 h; os martes, de 15 a 21 h; os mércores de 15 a 19 h e de 20 a 22 h; os xoves de 10 a 14 h, de 15 a 19 h e de 20 a 22 h; os venres de 15 a 22 h, e os sábados de 10 a 15 h. Así mesmo, cada alumno ou alumna accederá a unha hora por semana-.

As clases de guitarra estrutúranse en tres grupos: un de Iniciación, a celebrar os martes e venres de 16,30 a 17,30 h, e dous de Perfeccionamento, os luns e xoves –o primeiro de 16,30 a 17,30 h e o segundo de 17,30 a 18,30 h.

O prezo da actividade de solfexo-piano e de guitarra varía en función da idade. Así, os menores abonarán tres cuotas de 16,80 euros; as persoas adultas, tres cuotas de 38,60 euros e, os maiores de 65 anos, tres cuotas de 30,90 euros.

Ligazóns