O Concello promove un curso de introdución á ofimática para persoas sen coñecementos previos

O Concello promove un curso de introdución á ofimática para persoas sen coñecementos previos

O prazo de matrícula ábrese do 1 ó 5 de outubro no pavillón da Xunqueira

O Concello, a través da Concellería de Cultura, organiza un Cursiño TIC de introdución á ofimática para persoas maiores de 16 anos sen ningún tipo de coñecemento previo sobre a materia. Consta de 10 horas e celebrarase os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 17 a 19 horas na Aula Municipal de Informática.

A inscrición abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14 h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.

A cuota a abonar é de 10,90 euros e as prazas están limitadas a dez. O curso estrutúrase en dous niveis: no de iniciación abordaranse os principios básicos da ofimática e, no de perfeccionamento, as ferramentas informáticas máis comúns.