Obradoiros Recordando o Noso
01-10-2018
Están dirixidos a persoas maiores de 55 anos, son completamente gratuítos, e inclúense no programa Tardes Activas. As persoas que desexen sumarse ó proxecto poden inscribirse no Centro Municipal de Servizos Sociais.
Os obradoiros terán lugar en catro escenarios diferentes. Na ACDR Liga de Amigos de Barallobre os xoves dende o 4 de outubro de 18,15 a 19,45 horas; na SCRD Agarimo de Sillobre os martes a partir do 2 de outubro de 18,30 a 20 horas; no CCRD de Perlío os mércores dende o 3 de outubro de 16,30 a 18 horas e na AVV San Xurxo de Magalofes os venres a partir do 5 de outubro de 19 a 20,30 horas. A través destes obradoiros traballaranse as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica aportando vivencias. O obxectivo será facer unha recuperación da historia da parroquia, rutas de interese ou outras temáticas que elixan as persoas participantes en cada grupo.
As prazas son limitadas, cubriranse por orde de inscrición e o prazo permanece aberto ata o día 24 de setembro no Centro Municipal de Servizos Sociais para as persoas que desexen sumarse ós obradoiros. Así mesmo, aquelas persoas que se matricularon o pasado curso xa non precisan facer a inscrición. Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais, enderezo servizos.sociais@fene.gal ou teléfonos 981.492.706 / 981 342607.