Arranca o curso de intelixencia emocional organizado polo Concello para o alumnado dos centros educativos

Arranca o curso de intelixencia emocional organizado polo Concello para o alumnado dos centros educativos

A edil de área, Ana Novo, destaca a alta participación, que levou ó Concello a ampliar o número de prazas e a crear dous grupos

Un total de 28 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos do Concello de Fene iniciaron onte á tarde os cursos de intelixencia emocional organizados pola Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo. A concelleira acudiu á primeira sesión e valorou moi positivamente a demanda rexistrada, que obligou a ampliar o número de prazas ofertadas inicialmente e, tamén, crear dous grupos en función das idades.


Nos obradoiros favorecerase o desenvolvemento de habilidades de intelixencia emocional nunha contorna lúdica, descubrindo as emocións propias e como xestionalas, potenciando a autoestima e aprendendo habelencias sociais.


O curso consta de sete sesións a realizar na Aula de Cultura do Concello entre os meses de novembro e febreiro, en el participan nenos e rapaces de entre 4 e 15 anos. Está impartido pola psicóloga e coach Fátima García, así como pola facilitadora María Cayón, e inclúe tamén unha charla coas familias dos-as nenos-as participantes.