Uns 300 nenos e nenas daranse cita este domingo en Fene na I Xornada Xogade

Uns 300 nenos e nenas daranse cita este domingo en Fene na I Xornada Xogade

As carreiras, incluídas no programa de Deporte Escolar da Xunta, están organizadas pola delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene

Un total de 290 nenos e rapaces tomarán parte este domingo en Fene na fase zonal da I Xornada Xogade do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Será nas pistas de atletismo de Barallobre e arredores, a partir das 11 horas. A carreira, organizada pola delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo, conta coa colaboración da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida.


Trátase dunha proba clasificatoria para a fase provincial, que terá lugar no mesmo circuito en febreiro de 2019. As distancias oscilan entre os 500 e 3.000 metros segundo a categoría. Son estas: sub 16 homes (04/05): 3.000 metros; sub 16 mulleres (04/05): 1.500 metros; sub 14 homes (06/07): 1.500 m; sub 14 mulleres (06/07): 1.000 m; sub 12 homes (08/09): 1.000 m; sub 12 mulleres (08/09): 800 m; sub 10 homes (10/11): 500 m; sub 10 mulleres (10/11): 500 m. As carreiras realizaranse con saídas escalonadas dende as 11 h ata as 12,30 h.