Entrega de diplomas en Fene ás persoas participantes no Curso de Mediadores Sociais

Entrega de diplomas en Fene ás persoas participantes no Curso de Mediadores Sociais

O acto tivo lugar esta semana presidido pola edil de Benestar Social, Juana Barro

A concelleira de Benestar Social, Juana Barro, presidiu esta semana o acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no Curso de Mediadores/as Sociais que organizou o Concello, xunto ós de Mugardos e Neda, no marco do proxecto conxunto de prevención de condutas aditivas que subvenciona a Consellería de Sanidade. Impartido por persoal técnico de Asfedro, a acción formativa tivo lugar na Casa da Cultura durante os meses de outubro e novembro.


Entre os contidos, abordouse: “Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais”; “Información xeral sobre drogas”; “Saúde comunitaria. Conceptos básicos na prevención das condutas adictivas”; “Primeiros auxilios. Reanimación cardiopulmonar” e “O papel da persoa mediadora na prevención de condutas adictivas”.


E, entre os obxectivos que se marcaban no programa, estaba o de mellorar as actitudes preventivas das persoas mediadoras; incrementar os coñecementos sobre os contidos preventivos ou fomentar as súas habilidades para a planificación de programas preventivos.