O Concello abre este luns a incrición para o contacontos para bebés A alfombra máxica
14-12-2018
A actividade é gratuíta, pero as prazas están limitadas a 20, polo que é preciso anotarse entre o luns e o mércores na Biblioteca Municipal
A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que o Concello abrirá este luns, 17 de decembro, o prazo de inscrición para asistir ó contacontos “A alfombra máxica”, que ofrecerá a compañía Babaluva o 20 de decembro ás 18 horas na Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé”. Dirixido a bebés, de 0 a 3 anos, e ós seus acompañantes, as prazas están limitadas a 20. Trátase dun espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo.
“A alfombra máxica” é un “prelibro”, un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica Mirari Urruzola convida ós máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…
A actividade é gratuíta e as persoas interesadas deben anotarse na mesma biblioteca dende o luns e ata o mércores, 19. As prazas cubriranse por orde de inscrición.