Reunión informativa este xoves no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene sobre o programa “Vacacións en Paz”

Reunión informativa este xoves no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene sobre o programa “Vacacións en Paz”

A concelleira de Benestar Social, Juana Barro, convida ás familias a participar na cita, que terá lugar a partir das 11 horas

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Juana Barro, convida ós veciños e veciñas de Fene a tomar parte mañá xoves, ás 11 horas, nunha xuntanza informativa sobre o programa “Vacacións en Paz” que se celebrará no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín-. O programa consiste na acollida de nenos/nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria) ata Galicia, para que pasen dous meses de verán (xullo e agosto) acollidos por familias, neste caso, do termo municipal de Fene.


Este programa está organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, en colaboración coa Delegación e Subdelegación do Goberno, a Consellería de Traballo e Benestar, Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Deputacións, os Concellos que asinan os convenios coa asociación, así como as familias acolledoras que o soliciten previamente no seu concello de residencia.