Arranca o curso Robótica para comerse o tarro

Arranca o curso Robótica para comerse o tarro

O Concello apunta que aínda queda algunha plaza libre nesta actividade gratuíta, co que os rapaces e rapazas de 13 a 16 anos interesados poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais

O curso “Robótica para comerse o tarro” que promove a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro arrancaba a semana pasada no CCRD de Perlío. Unha actividade dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que se celebrará ata o 2 de febreiro e na que se abordarán materias como programación, minecraft, realidade aumentada, scratch, prototipos 3D, simulacións con robots ou novas tecnoloxías. O departamento municipal informa de que queda algunha praza libre, polo que os mozos e mozas interesados/as aínda poden anotarse no no whatsapp 670 034 625 ou no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín.


A próxima sesión celebrarase este sábado, 22 de decembro, e as seguintes están programadas para o 29 deste mes; os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. En todos os casos, en horario de mañá –de 11,30 a 13 horas.


O obradoiro inclúese no programa “Mocidade Activa” de prevención de condutas aditivas entre a mocidade que impulsan os concellos de Fene, Neda e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade.