Campaña de esquí da Deputación

Campaña de esquí da Deputación

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e o 25 de febreiro de 2019, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses


Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.


Con esta nova edición da campaña, a institución provincial   pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.


As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.


Inscrición nos concellos ata o 10 xaneiro
Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o 10 de xaneiro de 2019.

Ligazóns