Clausura dos obradoiros “Robótica para comerse o tarro” para mozos e mozas
O curso incluiuse no programa “Mocidade Activa” de prevención de condutas adictivas que impulsan Fene, Neda e Mugardos co apoio da Xunta
04-02-2019
O Concello de Fene celebrou o pasado sábado a sesión de clausura do curso “Robótica para comerse o tarro” no que tomaron parte 11 mozos e mozas dende o pasado día 15 de decembro. Organizado pola Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro, celebrouse no CCRD de Perlío e nel abordáronse materias como programación, minecraft, realidade aumentada, scratch, prototipos 3D, simulacións con robots ou novas tecnoloxías.
O obradoiro incluiuse no programa “Mocidade Activa” de prevención de condutas aditivas entre a mocidade que impulsan os concellos de Fene, Neda e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade.