Charla sobre alzheimer no CMIU de Fene

Charla sobre alzheimer no CMIU de Fene

Terá lugar mañá martes, a partir das 18,30 horas, con entrada libre

O salón de actos do CMI Unidade de Fene albergará este martes 19 de febreiro unha charla informativa sobre alzheimer a cargo de AFAL Ferrolterra. A ponencia, que dará comezo ás 18,30 horas con entrada de balde, está organizada pola entidade social en colaboración co CMI e o departamento municipal de Servizos Sociais do Concello.


Nesta liña, a presidenta de AFAL, Ana María López, anima á veciñanza a acudir á conferencia que ofrecerá a directora asistencial e terapeuta ocupacional de AFAL, Noelia Ríos, e o director de administración, José Otero. Os dous serán os encargados de abordar a enfermidade e, tamén, os diferentes tratamentos non farmacolóxicos que ofrece a asociación nos seus centros de día para as persoas afectadas e os servizos que presta ás familias. Así mesmo, ó remate das súas exposicións abrirase unha quenda de intervencións para que o público asistente traslade as súas dúbidas ou inquedanzas.