Fene vai de Entroido con festa infantil, desfile e festival de comparsas e actuacións de Los Zares e da Orquesta Olympus

Fene vai de Entroido con festa infantil, desfile e festival de comparsas e actuacións de Los Zares e da Orquesta Olympus

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá o programa dos festexos, que se celebrarán martes 5 de marzo e mércores 6 de marzo baixo carpa na praza do Alcalde Ramón Souto González

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá “Fene vai de Entroido”, o programa deseñado polo Concello con motivo desta tradicional festa que, este ano, quere poñer máis que nunca en valor. Para iso, o Entroido celebrarase por partida doble, martes 5 e mércores 6 de marzo. O escenario central será a praza do Alcalde Ramón Souto González, baixo unha gran carpa, e na primeira xornada o protagonismo será de tarde para os máis novos, cunha gran festa infantil. Xa pola noite celebrarase a homenaxe póstuma a Juan “O Negro” e un gran baile coa actuación de Los Zares. O martes terá lugar o desfile e festival de comparsas, fogos de artificio e actuación estelar da orquesta Olympus.


Así, máis polo miúdo, o programa arrancará o martes 5 de marzo cunha gran Festa Infantil. Será a partir das 17,30 horas na praza do Alcalde Ramón Souto González, onde se habilitará unha gran carpa para acoller as actividades e para anticiparse a unhas posibles condicións meteorolóxicas adversas. La Guagua será a encargada de guiar diversas actividades para o disfrute e diversión dos máis pequenos da casa e, en lugar de entrada, o único requisito para participar é vir disfrazados. Durante a xornada haberá degustación de lambetadas de Entroido. Pero se a tarde é para nenos e nenas, os maiores terán un oco destacado xa entrada a noitiña. A partir das 21 horas, celebrarase a homenaxe a título póstumo a Juan “O Negro”, integrante da AC Os Tadetas e persoa moi querida e recordada en Fene. Media hora máis tarde, celebrarase un gran baile de Martes de Entroido coa música en directo do grupo Los Zares.


A festa non decae e continuará o mércores 6 de marzo. A partir das seis da tarde arrancará de Perlío, fronte a Aguilar, o desfile das comparsas participantes no festival para percorrer a Avenida Figueroa e Avenida Naturais e concluír o itinerario, co que animarán como nunca o espazo urbano de Fene, na praza do Alcalde Ramón Souto González. Alí, e coa viúva de sempre, actuarán as comparsas, darase lectura ao testamento, a queima do Antón e un incrible espectáculo pirotécnico. O broche de ouro poñerao a Orquesta Olympus co seu espectáculo Red Tour.