Dezasete comparsas participarán este ano no desfile e festival do Entroido fenés

Dezasete comparsas participarán este ano no desfile e festival do Entroido fenés

A Canteira, Oje de Ferrol, Paso a Paso, Os argalleiros, A revolta de Trasancos, Os parrandolos, As científicas de Centieiras e Os Scratchados. Son as comparsas que este ano actuarán no festival que o Concello de Fene organiza para o Mércores de Cinza, día grande do Entroido fenés. Previamente, e canda elas, tomarán parte no tradicional desfile de comparsas polas rúas do concello: Os colludos, Troupele troupele, As Xoaniñas de Chao, Colexio Belén, Retrinche mexicano, A comparsa da Semente, Os mecos, Patrulla verde de Domus Vi e Domus Vi. 

Como colofón das actividades que a Concellería de Cultura organiza para festexar o Entroido, o mércores 7 de marzo comezará ás seis do serán o desfile de comparsas que percorrerá a Avenida Marqués de Figueroa e Avenida Naturais para concluir na praza do Alcalde Ramón Souto González onde actuarán algunhas delas. A continuación, darase paso á lectura do testamento e procederase á queima do Antón e ao tradicional espectáculo pirotécnico. A xornada concluirá  cunha gran verbena a cargo da Orquesta Olympus. 

Descargas