Fene habilita prazas de estacionamento máis amplas na avenida do Concello
Os traballos contemplaron tamén o pintado de dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e tres pasos de peóns
01-03-2019
A concelleira de Seguridade, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que o Concello realizou diferentes traballos de sinalización na contorna da casa consistorial. Así, en primeiro lugar, habilitáronse na avenida prazas de estacionamento máis amplas. Dunha banda deuse cumprimento á nova normativa na materia e, doutra, atendeuse unha petición reiterada pola veciñanza. As novas prazas amplían o espazo para o vehículo dos 2,10 aos 2,40 metros. Ata o momento, as dificultades para abrir as portas dos turismos eran evidentes. Coas novas dimensións, as prazas pasaron das 37 ata as 31.
Así mesmo, os operarios tamén repintaron as dúas prazas reservadas na vía contigua á consistorial para persoas con diversidade funcional e outros tres pasos de peóns sitos na zona. Traballos todos eles que concluíron onte á tarde.