Dezasete comparsas participarán mércores no desfile e festival do Entroido de Fene
05-03-2019
A xornada festiva concluirá cunha gran verbena coa Orquesta Olympus
A Canteira, Oje de Ferrol, Paso a Paso, Os argalleiros, A revolta de Trasancos, Os parrandolos, As científicas de Centieiras e Os Scratchados. Son as comparsas que este ano actuarán no festival que o Concello de Fene organiza para o Mércores de Cinza, día grande do Entroido fenés. Previamente, e canda elas, tomarán parte no tradicional desfile de comparsas polas rúas do concello: Os colludos, Troupele troupele, As Xoaniñas de Chao, Colexio Belén, Retrinche mexicano, A comparsa da Semente, Os mecos, Patrulla verde de Domus Vi e Domus Vi.
Nesta liña, como colofón das actividades que a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa organiza para festexar o Entroido, mañá mércores 6 de marzo comezará ás seis do serán o desfile de comparsas que percorrerá a Avenida Marqués de Figueroa e Avenida Naturais para concluir na praza do Alcalde Ramón Souto González onde actuarán, baixo carpa, algunhas delas. A continuación, darase paso á lectura do testamento e procederase á queima do Antón e ao tradicional espectáculo pirotécnico. A xornada concluirá cunha gran verbena a cargo da Orquesta Olympus.
* No caso de moita choiva, o mércores 6 de marzo anularase o desfile de comparsas polas rúas do concello e trasladaranse directamente á Praza do Alcalde Ramón Souto González para realizar os saúdas e as actuacións xunto coa lectura do testamento (tal e como recollen as bases).