O Concello de Fene organiza este venres a mesa de experiencias e debate “Mulleres traballadoras: vivencias”
A primeira pediatra de Fene, Josefa García, a panadeira Manuela Carneiro, a traductora Olga Santiago, a mediadora de seguros Amalia Botas e a matemática Érika Diz tomarán a palabra a partir das 19 horas
14-03-2019
A xornada do venres arrancará na Biblioteca co maratón de lectura “Fene lendo mulleres” e unha exposición sobre comercio xusto
Fene continúa coa programación de actos para conmemorar o Día da Muller e, mañá venres 15 de marzo, a Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro organiza un maratón de lectura, inaugura exposición e convoca á cidadanía a seguir unha mesa de experiencias e debate que se celebrará baixo o título “Mulleres traballadoras: vivencias”.
A xornada arrancará na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé. Dende as 9 e ata as 14 horas será escenario do XVII Maratón de Lectura “Fene Lendo Mulleres”.
A dinámica da actividade será como en anos anteriores, alumnos e alumnas dos centros educativos de Fene leerán textos escritos por mulleres, ou mesmo elaborados por eles/elas, e sobre os que traballaron previamente nas aulas. As lecturas xirarán en torno á igualdade entre homes e mulleres e/ou a visibilización da muller. Así mesmo, ao remate da actividade a cada grupo se lle servirán produtos ofrecidos polo comercio xusto e agricultura ecolóxica de Solidaridade Internacional. Precisamente, e como complemento desta actividade, o público poderá visitar a exposición “As mulleres alimentan o mundo” da mesma entidade. Cada centro escolar recibirá un diploma acreditativo de participación na actividade.
Xa pola tarde, ás 19 horas, e no salón de actos da Casa da Cultura, o Concello organiza o acto “Mulleres traballadoras: Vivencias”. Un mesa de experiencias e debate que, a modo de coloquio, reunirá a unha serie de mulleres que explicarán como chegaron ás súas profesións, a que situacións machistas tiveron que enfrontarse ou como está visibilizada na actualidade a muller.
Para a elaboración do “Manifesto” do 8 de marzo este ano contouse coa colaboración de Josefa García Santiago, a primeira pediatra do Centro de Saúde de Fene, dende xuño do 1984 ata novembro de 2019, que acadou a xubilación. Será ela, xunto á concelleira de Benestar Social, a encargada de inaugurar a mesa redonda coa lectura do manifesto. No coloquio tomarán a palabra a propia Josefa García: Olga Santiago, traductora; Manuela Carneiro Fernández, panadeira; Amalia Botas Lamas, mediadora de seguros, e Érika Diz Pita, matemática.