O Concello renova e mellora a iluminación das instalacións da Casa da Cultura A concelleira de Cultura

O Concello renova e mellora a iluminación das instalacións da Casa da Cultura A concelleira de Cultura

Rocío Bértoa, apunta que se investiron 3.000 euros

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que o Concello vén de investir 3.000 euros en dúas actuacións de mellora da iluminación nas dependencias da Casa da Cultura. En concreto, procedeuse á adquisición de 20 focos led para a sala de exposicións temporais, dando resposta a unha importante carencia de iluminación cara as paredes. A única iluminación coa que contaba ata ese momento procedía de tubos fluorescentes.


Doutra banda, tamén se mercaron LEDs para substituír as bombillas halóxenas que tiñan os focos do Museo (2º e 3º andar da Casa da Cultura). Así, ademais do importante aforro enerxético que traerá consigo a medida, mellorarase a climatización do espazo (onde en primavera-verán, polas propias características do edificio, teitos baixos das salas do museo e polo efecto das bombillas halóxenas, se acumulaba moita calor). Un cambio que mellorará as condicións de temperatura das salas, favorecendo a comodidade dos/as visitantes durante o seu paso polo Museo.