Cambio de horario da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa
09-04-2019
O Concello lembra que ata o 29 de abril as instalacións culturais albergarán a mostra de pintura e fotografía “Pictografías” de Eduardo Hermida
A Concellería de Cultura de Fene informou esta mañá do cambio de horario da Casa da Cultura (biblioteca, museo e aula de estudo) durante a Semana Santa. Así este sábado 13 e domingo 14 de abril permanecerá pechada; do luns 15 ao mércores 17 de abril, abrirá as súas portas de 10 a 14,15 horas; do xoves 18 ao domingo 21 de abril estará de novo pechada e, o luns 22, abrirá de 10 a 14,15 horas. A partir do martes 23, retomarase o horario habitual, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas.
Así mesmo, o concelleira de área, Rocío Bértoa, lembra que a Casa da Cultura-Museo do Humor alberga ata o 29 de abril a exposición de pintura e fotografía “Pictografías” de Eduardo Hermida.
Esta mesma semana, o artista actuou de guía excepcional para os alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Primaria do CEIP A Gándara.