Clube Atletismo Fene, campión de Galicia de Maratón
16-04-2019
O Clube atletismo Fene fixo historia no Campionato de Galicia de Maratón ( 42, 195 Km ) celebrado en Coruña o domingo dia 14. Proclamáronse campións galegos por equipos nun dia no que o desenvolvemento da carreira a moitos participantes lles afectaron as circunstancias de moita calor con humidade e vento en parte do circuíto. A clasificación foi a seguinte :
Jonathan Fernández Ríos: Quinto posto que realizou unha carreira moi intelixente de menos a máis pois facía un mes que compiteu en Barcelona cun tiempo de 2 h. 42´. 51'
Luís Pérez Varela 11º cun tempo de 2h. 47´.15' que realizou unha boa carreira e nos últimos km lle afectou a humidade e o calor .
Carlos González Vázquez 21º con un tempo de 2h. 52´. 57' .
Samuel Ramírez Rodríguez 44º cun tempo de 3h. 19´02'.
Para a puntuación por equipos contabilízase a suma dos tempos dos tres primeiros atletas do club en chegar a meta 08:23:03 . Segundo posto Atmo. Samertolameu. Terceiro Club : Deportivo Pinarium.
Gran día para a familia atlética do Clube Atletismo Fene que por primeira vez desde a súa fundación na tempada 2016/2017 alcanza un podio por equipos nunha competición a nivel federado.