III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene esta fin de semana no pavillón de San Valentín

III Torneo de Ximnasia Artística Concello de Fene esta fin de semana no pavillón de San Valentín

Tomarán parte preto de 300 ximnastas que competirán nas modalidades de salto, barra, asimétricas e chan

O pavillón municipal de San Valentín albergará esta fin de semana o III Torneo de Ximnasia Artística "Concello de Fene". O sábado 4 terá lugar o torneo na categoría base e vía olímpica, entre as 9,15 e as 13,30 horas e de 15,30 a 19,30 horas, coa participación de 161 deportistas. Así mesmo, o domingo 5 celebrarase a categoría escolar, de 9 a 13 horas e 124 participantes.


As ximnastas competirán nas modalidades de salto, barra, asimétricas e chan. Así
mesmo, teñen confirmada a súa asistencia deportistas dos seguintes clubes: Club
Ximnasia Tempo (A Coruña), Club Universidade da Coruña (UDC), Club Ximnasia
Coruña, Club Bayo Sil (Ponferrada-León), Club RGC Covadonga (Gijón) e Club
Ximnasia Ferrolterra (Fene).


A cita está organizada polo Concello de Fene, Club Ximnasia Ferrolterra, Federación Galega de Ximnasia, Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación da Coruña. E, na mesma, colaboran Espacio móvil, Jomer, Muebles Rivas, A tenda agasallos, Loly Calvo e Imprenta Sanesteban, Berline Boutique, Lualé 114, Un pedacito de mí, El baúl de Bego, Mas sport, Yovi peluquería de
mascotas, González fotografía y vídeo, Salón de peluquería y estética Meraki y
Agropesca Fene.