Clube Atletismo, terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón.

Clube Atletismo, terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón.

O Clube Atletismo Fene, terceiro clasificado por equipos no Campionato Galego de Media Maratón celebrado  o pasado sábado con saída no concello de Ortigueira e chegada no concello de Cariño, celebrado conxuntamente co Campionato de España Máster.

Nun circuíto duro, rompepernas, con fortes subidas e baixadas, destacar a gran carreira de Jonathan Fernández Ríos primeiro e Campión Galego na categoría senior a nivel individual e cuarto na mesma categoría Brais Cupeiro.

Os postos por equipos foron : 5º Jonathan Fernández cun tempo de : 1:12:57, 31º Brais Cupeiro Pérez 1:17:03 . 39º  Luís Pérez Varela 1:17:46. 143 º. Samuel Ramirez Rodriguez  1:32:10. Puntos : 3: 47. 46