Máis de 375 nenos e nenas tomarán parte o domingo na XXV Milla Escolar de Fene

Máis de 375 nenos e nenas tomarán parte o domingo na XXV Milla Escolar de Fene

A participación aínda podería medrar máis, xa que tamén se recollerán inscricións individuais a pé de pista o mesmo domingo, de 9,30 a 10,30 h

Máis de 375 nenos e nenas dos centros educativos de Fene tomarán parte este domingo, 2 de xuño, na XXV Milla Escolar-Concello de Fene. O concelleiro de Deportes en funcións, Xoán Manuel Bastida, explica que a cifra aínda podería medrar máis, xa que tamén se recollerán inscricións individuais a pé de pista o mesmo domingo, de 9,30 a 10,30 horas. As carreiras da Milla Escolar celebraranse nas recuperadas pistas de atletismo do Concello de Fene, emprazadas en Barallobre, xunto ao IES de Fene, e arrancarán ás 11 horas cunha duración estimada de hora e media.


Iniciaranse polas categorías superiores (cadetes) e rematarán coa de prebiberón 1. Deste xeito, os participantes das categorías dos cursos de Educación Infantil (“Prebiberón 1”, “Prebiberón 2” e “Biberón”) non sairán nas carreiras todos xuntos, senón por quendas de 10 participantes aproximadamente, para evitar aglomeracións na saída que poidan provocar caídas. Por este motivo non se realizará a medición dos primeiros clasificados nestas categorías.


Ao remate de cada proba terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez que finalicen todas as carreiras entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, agás ás categorías de Prebiberón 1, Prebiberón 2 e Biberón –ao non haber medición