Aberta a inscrición no obradoiro “Robótica para comerse o tarro”

Aberta a inscrición no obradoiro “Robótica para comerse o tarro”

Dirixido á mocidade, celebrarase en Fene entre o 8 de xuño e o 13 de xullo

O Concello de Fene, xunto aos de Mugardos e Neda, reeditará a súa aposta polo obradoiro “Robótica para comerse o tarro”. Dirixido aos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos ou estudantes de Secundaria dos tres municipios, arrancará en Fene o venres 8 de xuño. Así, ata este xoves 7 de xuño, recolleranse as solicitudes de participación tanto nos centros escolares como no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou no whatsapp 670 03 46 25.


Os requisitos para a formación de grupo é reunir un número mínimo de 10 participantes e un máximo de 15. O obradoiro desenvolverase en Fene os sábados entre o 8 de xuño e o 13 de xullo, cunha duración de dúas horas semanais, de 11,30 a 13,30 horas, na Aula de Informática (Avenida Naturais, 44 entrechán). En Mugardos arrancará o 13 de xuño, ata o 28 do mesmo mes.


O obradoiro inclúese no proxecto de prevención de condutas aditivas Mocidade Activa que impulsan os tres concellos co apoio da Consellería de Sanidade. Un programa que busca reflexionar e sensibilizar sobre o consumo de sustancias e outra adicións por medio de actividades que utilizan a robótica como fío conductor, creando espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión.


Entre outras están as seguintes temáticas: as novas tecnoloxías, a seguridade online, o bulling, o disfrute do ocio. Realizaranse simulacións con robots, minecraft, scratch, prototipos 3D…

Descargas