O Concello abre luns o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/20

O Concello abre luns o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/20

Do 10 ao 21 de xuño será o turno dos veciños e vecinas de Fene e, do 24 de xuño ao 3 de xullo, para os/as residentes noutros municipios

O Concello de Fene informou esta mañá de que o vindeiro luns 10 de xuño abrirase o prazo para a reserva de prazas das escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/2020. Así, permanecerá aberto ata o 21 de xuño, no pavillón municipal da Xunqueira, para os/as usuarios/as veciños/as de Fene matriculados no mes de xuño. A documentación a entregar é a seguinte: a tarxeta de usuario/a e, para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, recibo do banco cos 20 díxitos da conta. Así mesmo, a reserva de praza para os/as veciños/as residentes noutros municipios matriculados no mes de xuño abrirase entre o 24 de xuño e o 3 de xullo (incluídos). Como no caso anterior, deben achegar tarxeta de usuario/a da escola e recibo do banco no caso de domiciliación.


O horario para formalizar o trámite é de 8,30 a 14,30 horas de luns a venres e, os días 12, 19 e 26 de xuño, tamén de tarde de 16,15 a 19 horas.

Descargas