Contacontos e taller de debuxo para nenos e nenas a partir de 3 anos, este luns na Biblioteca Municipal

Contacontos e taller de debuxo para nenos e nenas a partir de 3 anos, este luns na Biblioteca Municipal

A actividade, baseada na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”, é gratuíta pero con inscrición previa

A Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” acollerá este luns 10 de xuño o contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas”, a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento). A actividade, que dará comezo ás 18,30 horas, rinde homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.


O contacontos está baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”, e nel narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participarán todas as persoas que asistan, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas. Está dirixida ao público infantil a partir de 3 anos.


A actividade é de balde, pero será necesaria inscrición previa porque as prazas son limitadas e serán asignadas por riguroso orde de inscrición. Poden anotarse en horario de apertura da biblioteca (de luns a venres, de 16 a 21 horas, e o sábado, de 10 a 13 horas), tanto no mostrador da mesma, coma nos teléfonos 981.34.23.02 / 607.625.346.


A actividade encádrase no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.