Clausura do Obradoiro de Recuperación da Memoria organizado polo Concello de Fene
Celebrouse entre febreiro e xuño coa participación de 12 persoas
28-06-2019
O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrou onte á tarde o acto de clausura do obradoiro de recuperación da memoria incluído no programa de Envellecemento Activo. Un taller enfocado á prevención de patoloxías asociadas a idade ou a enfermidades ou accidentes.
Realizáronse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Uns exercicios dirixidos a estimular as diferentes funcións cognitivas para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.
A actividade desenvolveuse no Centro Municipal de Servizos Sociais, ao longo de 20 sesións, entre os meses de febreiro e xuño, e nela tomaron parte 12 persoas.