Publicado o listado de prazas libres nas escolas deportivas da piscina e pavillón da Xunqueira para o vindeiro curso
O periodo para novas matriculacións abrirase no mes de setembro
10-07-2019
Rematado o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/2020 (ao que puideron acollerse os/as usuarios/as matriculados no mes de xuño), a Concellería de Deportes fai público o listado de prazas libres nas escolas deportivas que se desenvolven nas devanditas instalacións municipais, de cara ao período de novas matriculacións que se abrirá no mes de setembro.
Así, as prazas libres nas escolas municipais da piscina de Centieiras repártense do seguinte xeito: aquagym (1); pilates maiores de 16 anos (4); ioga maiores de 16 anos (8); natación iniciación adultos maiores de 18 anos (25); natación infantil 6-12 anos (50); natación primeira infancia 3-5 anos (47); natación Terceira Idade maiores de 65 (1); natación para bebés (21); natación para embarazadas (8); natación terapéutica (11); natación perfeccionamento adultos maiores de 18 (32); perfeccionamento infantil 6-12 anos (32), e natación xuvenil 13-17 anos (3). Así mesmo, as vacantes nas escolas deportivas municipais que se desenvolverán no pavillón de A Xunqueira son as que seguen: zumba (25); atletismo (12); baile moderno (20); iniciación ao baloncesto para nenos (6); iniciación ao patinaxe (11); perfeccionamento patinaxe (7); pilates (4); pequedeporte (15); rehabilitación funcional (1); fatiga oncolóxica (7), e ximnasia rítmica iniciación (21).