O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ao aire libre

O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ao aire libre

A partir deste xoves, celebraranse luns, mércores e venres laborables de 9,30 a 10,30 h no paseo marítimo de San Valentín e para todas as idades

O Concello de Fene porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ao aire libre. As sesións arrancarán este xoves, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ao interior do recinto deportivo.


A participación é libre e gratuíta e o programa está dirixido a persoas de todas as idades. Nas clases realizaranse actividades físicas de grupo para manter ou mellorar a condición física xeral en relación coa saúde, coordinación motriz, flexibilidade, resistencia aeróbica, forza e resistencia muscular, axilidade… e todo isto, pasando un rato agradable en grupo.