O Concello de Fene executa a reforma dos vestiarios do campo de fútbol dos Pinares
13-08-2019
A intervención en curso contempla o revestimento das instalacións, a creación dun vestiario para mulleres e a construción de dous aseos accesibles diferenciados por sexos
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o campo de fútbol dos Pinares, en Perlío, contará cun vestiario para mulleres, aseos accesibles e uns vestiarios renovados e sen humidades. Será unha vez conclúan as obras necesarias, na actualidade en execución, cun investimento de 39.914,87 euros que o Concello financia con cargo ao superávit.
A intervención, segundo sinalou o alcalde, contempla o revestimento das paredes
dos vestiarios con tableiros laminados sobre guías de aluminio, dando así resposta ao problema que presenta este espazo ao contar con xeso, un material nada adecuado pola gran concentración de vapor de auga. Así, é habitual a degradación do material, obrigando a realizar arranxos continuos.
Así mesmo, dotarase o espazo dun vestiario feminino e, por último, realizaranse dous aseos accesibles, diferenciados por sexos.