Remata a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío

Remata a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que a intervención contou cun orzamento de 47.672,62 euros e que as instalacións actuais permiten contar cun vestiario feminino e atenden outras demandas dos usuarios

O alcalde, Gumersindo Galego, informou hoxe do remate das obras de mantemento e reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío. Uns traballos que supuxeron un investimento de 47.672,62 euros e que permitirán resolver as deficiencias das instalación, que supoñían un problema para os usuarios.

Unha das novidades dos traballos é que se dota a instalación dun vestiario feminino, unha vez que existen equipos de fútbol mixto en categorías de base que empregan estas dependencias sen que ata a data se ofrecera un espazo específico para rapazas.

 

Os traballos efectuados eliminaron o xeso como material nos vestiarios, por non ser axeitado para este tipo de instalacións nas que a presenza de vapor de auga é elevada. Ademais, tabicáronse novos aseos, accesibles para persoas con discapacidade; e tamén se mellorou a conexión eléctrica.