A Casa da Cultura de Fene adopta este mércores o horario do curso escolar Fene

A Casa da Cultura de Fene adopta este mércores o horario do curso escolar Fene

A Casa da Cultura de Fene adoptará este mércores un novo horario, coincidindo co comezo do curso escolar para os estudantes de Educación Primaria, que retoman as aulas este 11 de setembro.

O novo horario para a Biblioteca Municipal Pérez Parallé será de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

No que respecta ao Museo do Humor, a sala de exposicións temporais e a aula de estudo, os horarios son de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os sábados só abrirá en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas.

Estes serán os horarios que se manterán durante todo o curso escolar, agás en vacacións escolares (Nadal, Entroido e Semana Santa). Nestes períodos, o horario da Casa da Cultura (Biblioteca, Museo do Humor, sala de exposicións e aula de estudo) será de luns a venres de 10:00 a 14:15 horas.