Por+Vida regresa da VII Carreira da Muller co primeiro premio á participante máis veterana e o segundo á asociación con máis participantes
24-09-2019
O Concello de Fene colabora coa asociación facilitando o traslado a Coruña
Por+Vida participaba o pasado domingo, na cidade herculina, na 7º edición da Carreira da Muller sendo tamén a súa sétima participación. Para iso, contaba coa colaboración do Concello de Fene, como vén sendo habitual nos últimos seis anos, con dous autobuses para o desprazamento para a carreira.
Por+Vida, veterana en participación e nos premios tamén, non veu de balde, pois recollía o primeiro premio á participante máis veterana (modalidade por riba dos 72 anos), sendo recoñecida Josefa Freire de 83 anos, veciña de Valdoviño, que curiosamente xa gañara no ano 2013 na 1ª edición da carreira en A Coruña. E o segundo trofeo foi como segunda asociación con máis mulleres participantes.