Teatro Calavera transforma a biblioteca de Fene nun contacontos con cociña

Teatro Calavera transforma a biblioteca de Fene nun contacontos con cociña

O Concello comeza mañá a celebración do Día Internacional da Biblioteca co espectáculo Antón e Tomasa en “A Cabaza Encantada”

Será ás 18 h e vai dirixido a nenos de 4 a 8 anos que formalizaran inscrición

A Biblioteca Pública Municipal Xosémaría Pérez Parallé comeza mañá o ciclo de actividades co que conmemora o Día Internacional da Biblioteca. Arranca este ciclo co espectáculo Antón e Tomasa en “A Cabaza Encantada”, que terá lugar mañá, 27 de setembro, ás 18 horas. Trátase dun contacontos dirixido a nenos de 4 a 8 anos que remata cun obradoiro de cociña que rompe os estereotipos de xénero.


Esta actividade enmárcase no programa “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia, ao igual que as restantes que integran o ciclo co que o Concello de Fene conmemora o Día Internacional da Biblioteca, que se celebra o vindeiro 24 de outubro. Son catro actuacións dirixidas a un público infantil e que teñen como obxectivo rachar con estereotipos de xénero, promover a lectura e agasallar tardes de diversión a nenos e nenas.

SINOPSE
Un día Antón plantou unha semente nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou... unha cabaza! Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar. Entón Antón, que quería facela máis tenebrosa, prendeulle unha luz e... Buuuu!!! Este Antón, do medo, vai caer de cú! Pois a luz da cabaza serve para atraer aos monstros até a casa. Sérvenlles de guía, como os faros aos barcos!