Concello de Fene e AFAL promoven este xoves o curso Coidar ao Coidador

Concello de Fene e AFAL promoven este xoves o curso Coidar ao Coidador

Con participación de balde, estará impartido pola psicóloga Teresa López Allegue e dará comezo no Centro Sociocomunitario ás 18 horas

A concelleira de Benestar Social de Fene, Tamara Miragaya, informou esta mañá da próxima celebración do curso “Coidar ao Coidador”, dirixido a familias coidadoras de persoas afectadas de alzheimer e/ou outro tipo de demencia. A acción está organizada polo Concello coa colaboración de AFAL Ferrolterra, e desenvolverase este xoves 10 de outubro no Centro Sociocomunitario de Perlío. Será a partir das 18 horas e ata as 20 horas.


A participación é completamente gratuíta, pero precisa de inscrición previa no teléfono 981 37 06 92 (AFAL). O curso estará impartido pola psicóloga de AFAL, Teresa López Allegue, e no mesmo, dotarase ás persoas coidadoras de coñecementos, estratexias e habilidades que as axuden a entender a enfermidade e a manexar as situacións que leva o coidado dunha persoa afectada de alzheimer ou outra demencia, pero tamén entender o proceso emocional que experimenta o coidador e coñecer estratexias que vos axuden a convivir coa enfermidade.