Medio centenar de veciños e veciñas participan nos talleres Recordando o noso

Medio centenar de veciños e veciñas participan nos talleres Recordando o noso

O programa, impulsado pola Concellería de Benestar Social, celébrase en Barallobre, Perlío, Sillobre e Magalofes

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Tamara Miragaya, inauguraba a semana pasada en Barallobre os obradoiros “Recordando o Noso”. Neles participan 54 veciños e veciñas maiores de 55 anos nos diferentes escenarios nos que se celebran: ACDR Liga de Amigos de Barallobre (os xoves de 18,15 a 19,45 horas); CCRD Perlío (os mércores de 16,30 a 18 horas); AVV San Xurxo de Magalofes (os venres de 19 a 20,30 horas) e ACDR Agarimo de Sillobre (os martes de 18,30 a 20 horas).


Unha iniciativa posible grazas á colaboración do tecido asociativo, incluída no programa municipal de Envellecemento Activo e, máis concretamente, nas denominadas Tardes Activas, no que participan 103 veciños e veciñas.


“Recordando o Noso” céntrase nas lembranzas dos maiores traballando as función cognitivas.